29 maio 2009

A FLOR ROSA


Érase unha vez unha flor de color rosa que estaba triste porque non tiña amigos.
Por alí paseaba unha nena, viuna tan triste e preguntoulle que lle pasaba e ela díxolle que non tiña amigos. A nena dixolle:
- Vou ser a túa amiga.
Ao día seguinte a nena foi para alí e a flor rosa non estaba porque un neno a levara para a súa casa.
A nena foina buscar e colleuna e púxoa no seu lugar e a flor agradeceullo.
Ao final a flor quedou no seu sitio e a nena trouxolle moitos amigos. A flor agora está moi contenta.
E colorín, colorado este florido conto esta rematado.

Lucía 2º B

PLANTACIÓN

Os nenos de 2º C fixeron este traballo para a revista do colexio: "O Lareteiro do Xallas". Falan dos coidados da natureza , de como plantar árbores e dos medios de que utilizan as brigadas contra incendios.


27 maio 2009

A GATIÑA XOGUETONA



Érase unha vez unha nena que se chamaba Clara que vivía no bosque.
Clara tiña unha gatiña que se chamaba Mileidi e con ela xogaba todo o día, acariñábaa, xogaban coa la ou cunha pelota...
Un día Mileidi enfermou e Clara asustouse. Cando quería xogar con ela, Mileidi non quería e permanecía deitada na súa cama.
A mamá de Clara atopou unha flor medicinal no bosque. Clara deulle a flor medicinal a Mileidi e por fin se recuperou e volveron a xogar xuntas.

Ana 2ºB

O OGRO E A BRUXA


Un día a bruxa Ramona estaba na súa guarida.
Quería destruir o mundo e empezou atacando unha cidade chamada Artania.
Alí vivía un ogro chamado Ásfor, o que nadie quería.
Ásfor defendeu a cidade de Artania e cunha soa man lanzou a bruxa polos aires.
Dende aquel día Ásfor foi moi querido na cidade de Artania.
Valentín 2ºB



25 maio 2009

O DRAGÓN QUE COMÍA NENOS


O DRAGÓN VELDÍN



Había unh
a vez un dragón chamado Veldín que vivía nunha cova.
O
dragón comía nenos. Para levalos a súa cova dicíalles aos nenos que el tiña un precioso castelo cheo de xoguetes.
Un d
ía foi atacar un pobo chamado Mercadia. Alí colleu dez nenos pequenos.
Ao dia seguinte un principe deuse conta de que fora o dragón Veldín e decidiu disfrazarse de dragón e foi visitalo a súa cova.
Enganou a Veldín dicíndolle que no pobo de Florana había un nenos que sabían... de rechupeeeete!
Mentres o dragón Veldín marchou a
Florana, o príncipe rescatou aos nenos e levounos a Mercadia.
Alí todos lle deron as grazas moi contentos.
E colorado colorín, esta historia ch
ega ao seu fin.

Angel 2º B

MARCAPÁXINAS

O noso amigo Bibliorato pediunos que todos os nenos do colexio fixeramos un marcapáxinas para regalarllo a un amigo recomendando un libro que nos gustara moito.

Estiveron expostos no taboleiro da biblioteca e Bibliorato escolleu os que mais lle gustaron. Dixo que fora moi dificil decidirse porque todos eran moi bonitos.

Estes que vedes aquí son os tres elexidos do primeiro ciclo.






Recoméndanos os seguinte libros:
  • 101 Dálmatas (1º A)

  • Gerónimo Stilton (2º B)

  • Junie B. Jones O autobús apestoso ( 2º C)

22 maio 2009

O INDIO E O CABALO


Había unha vez un indio que se chamaba Lobo Dourado. Vivía en Norteamérica.
Un día cando espertou non estaba o seu cabalo e marchou correndo ao tipi do seu amigo Águia Brilante e os dous xuntos marcharon a buscar ó cabalo.
Escalaron unha montaña e alí había un río e non o podían cruzar porque non tiña ponte e como viron unhas pedras ocorréuselle unha idea que era botar as pedras dentro do río para poder cruzalo.
Despois seguiron subindo a montaña e arriba había un lago no que estaba bebendo o seu cabalo xunto a unha égua preciosa.
Decidiron marchar para casa e levaron tamén a égua.
Os dous tiveron moitos poldriños e foron moi felices.

Kevin Mourelle e Angel Manuel 2º B

OS INDIOS DE 1º A

Os nenos de 1º A fixeron un traballo sobre os indios para a revista escolar. Nesta presentación podedes ver os debuxos tan bonitos que fixeron e todo o que aprenderon sobre os indios.

20 maio 2009

MARTÍN

Había unha vez un neno que se chamaba Martín.
Un día estábase bañando na piscina. Cando lle quería decir algo aos seus pais descubriu que xa se marcharan.
Ao cabo dunha hora lembrou que seus pais lle deran un móbil por se se perdía.
Chamou a policía para que o levaran a casa.
Os policías recibiron a mensaxe e inmediatamente o levaron para a súa casa.
Unha vez alí deulles un forte abrazo aos seus pais.


Ángel Abelenda 2ºB

15 maio 2009

ADIVIÑAS 1º B

Os nenos de 1º B escribiron unhas adiviñas preciosas para a revista escolar.
Seredes capaces de atopar a solución?


Son de moitas cores
arrecendo moi ben.
e na primavera

pódesme coller.

Por decir mentiras
medroume a nariz
pero arrepentinme
e vivín feliz.

Nena , neneira,
subida nun alto,
Por moito que eu suba
non chego tan alto.


Cúbrome de vermello
e non son papoula
a avoa e o lobo
completan a historia.

Zapatos de goma
ollos de cristal
cunha mangueira
o alimentarás
dentro do garaxe
o adoitas gardar.

Non vou pola estrada
nin tampouco polo mar.
Teño un camiño de ferro
conmigo podes viaxar.

Adiviña, adiviña
son un animal mariño
intelixente e con longo fuciño.
Quen son?

Hai quen bebe pola boca
que é o xeito de beber
pero sei de alguén

que bebe soamente polos pés.

Dende o día que nacín
corro e corro sen parar

corro de día e de noite
ata chegar ao mar.

Que animal de bo olfacto
caza dentro da casa,
todo recuncho repasa
e lambe se atopa un prato.

11 maio 2009

TALLER DE POESÍA 2ºA


Na clase de segundo A estivemos xogando a ser poetas e ensaiando distintas fórmulas ( repetición, batería de ideas, palabras relacionadas...) chegamos a facer estas poesías que vos presentamos e moitas mais.




LÁGRIMAS.
Lágrimas de color.
Lágrimas de sol.
Lágrimas de esperanzas.
Lágrimas de corazón.
Lágrimas de amor.


VERDADEIRO AMOR.

Amor na mañan.
Amor na noite.
Amor na tristeza.
Amor no medo.
Amor nas bágoas.
Amor no mar.
Se lle das a todos Amor,
verás como é o verdadeiro Amor.


AMAR

Amar o sol,
dar bicos á xente.

Amar á xente,
dar bicos ó sol.
Dar bicos de olor,
amar a todo o mundo.
Bicos de lúa,
amar á lúa,
bicos de mar azul

E saberás como é amar.

TENEBROSO.
Na noite máxica

hai terror.
As bruxas
feas e malvadas

asustan
cando hai lúa chea.
Hai voitres,

hai arañas...


O PIRATA AFOGADO.
O pirata vai loitar.

O pirata velliño está,

o pirata sen tripulación.

O pirata, cansado,

morreu afogado.

BRUXAS
Bruxas na noite

morcegos nas covas

escuras e frías.

Terror na noite,

terror na escuridade,

terror nos oubeos.
Arañas das súas

teas de arañas

frías e aterrorizadas.
Medo.



A BRUXA
Os nenos cos morcegos,
lobos e ratos.
O mago fai maxia
coas pocións na lúa chea.
Os nenos tamén
con berros.
A bruxa coa escoba
pasa pola lúa chea.
Converte a noite
nunha escura
e terrorífica historia.

06 maio 2009

A VACA GLOTONA DO SEÑOR MANOLO



Era unha vez un señor chamado Manolo que vivia nas aforas de Santa Comba. Coidaba unha vaca que a bautizara co nome de Glotona porque... comía, comía e comía!

A vaca era moi lista e cando o señor Manolo a levaba a leira, a vaca vixiabao, esperaba a que dera a volta e na punta das catro patas, metíase na horta e comía as cenorias, brécoles, tomates, repolos...
Cando o señor Manola a ía a buscar vía que a horta estaba toda desfeita e preguntabase quen sería o que lle destrozara a sua horta.
Un día decidiu vixiar e a súa sorpresa foi moi grande cando viu que fora: a súa querida vaca GLOTONA!
Manolo deciciu darlle unha lección e botoulle polvos pica-pica nos repolos e esperou agochado despois de levala ao prado.

Cando a vaca comeu sentiu un formigueiro na barriga tan grande que empezou a dar saltos e mais saltos, e cando por fin conseguiu parar, deciciu non volver a comer as verduras da horta de Manolo.
E colorín colorado, este conto esta rematado.

ANA Mª RODRIGUEZ
2º B