06 maio 2009

A VACA GLOTONA DO SEÑOR MANOLO



Era unha vez un señor chamado Manolo que vivia nas aforas de Santa Comba. Coidaba unha vaca que a bautizara co nome de Glotona porque... comía, comía e comía!

A vaca era moi lista e cando o señor Manolo a levaba a leira, a vaca vixiabao, esperaba a que dera a volta e na punta das catro patas, metíase na horta e comía as cenorias, brécoles, tomates, repolos...
Cando o señor Manola a ía a buscar vía que a horta estaba toda desfeita e preguntabase quen sería o que lle destrozara a sua horta.
Un día decidiu vixiar e a súa sorpresa foi moi grande cando viu que fora: a súa querida vaca GLOTONA!
Manolo deciciu darlle unha lección e botoulle polvos pica-pica nos repolos e esperou agochado despois de levala ao prado.

Cando a vaca comeu sentiu un formigueiro na barriga tan grande que empezou a dar saltos e mais saltos, e cando por fin conseguiu parar, deciciu non volver a comer as verduras da horta de Manolo.
E colorín colorado, este conto esta rematado.

ANA Mª RODRIGUEZ
2º B