15 maio 2009

ADIVIÑAS 1º B

Os nenos de 1º B escribiron unhas adiviñas preciosas para a revista escolar.
Seredes capaces de atopar a solución?


Son de moitas cores
arrecendo moi ben.
e na primavera

pódesme coller.

Por decir mentiras
medroume a nariz
pero arrepentinme
e vivín feliz.

Nena , neneira,
subida nun alto,
Por moito que eu suba
non chego tan alto.


Cúbrome de vermello
e non son papoula
a avoa e o lobo
completan a historia.

Zapatos de goma
ollos de cristal
cunha mangueira
o alimentarás
dentro do garaxe
o adoitas gardar.

Non vou pola estrada
nin tampouco polo mar.
Teño un camiño de ferro
conmigo podes viaxar.

Adiviña, adiviña
son un animal mariño
intelixente e con longo fuciño.
Quen son?

Hai quen bebe pola boca
que é o xeito de beber
pero sei de alguén

que bebe soamente polos pés.

Dende o día que nacín
corro e corro sen parar

corro de día e de noite
ata chegar ao mar.

Que animal de bo olfacto
caza dentro da casa,
todo recuncho repasa
e lambe se atopa un prato.