20 maio 2009

MARTÍN

Había unha vez un neno que se chamaba Martín.
Un día estábase bañando na piscina. Cando lle quería decir algo aos seus pais descubriu que xa se marcharan.
Ao cabo dunha hora lembrou que seus pais lle deran un móbil por se se perdía.
Chamou a policía para que o levaran a casa.
Os policías recibiron a mensaxe e inmediatamente o levaron para a súa casa.
Unha vez alí deulles un forte abrazo aos seus pais.


Ángel Abelenda 2ºB