27 maio 2009

A GATIÑA XOGUETONA



Érase unha vez unha nena que se chamaba Clara que vivía no bosque.
Clara tiña unha gatiña que se chamaba Mileidi e con ela xogaba todo o día, acariñábaa, xogaban coa la ou cunha pelota...
Un día Mileidi enfermou e Clara asustouse. Cando quería xogar con ela, Mileidi non quería e permanecía deitada na súa cama.
A mamá de Clara atopou unha flor medicinal no bosque. Clara deulle a flor medicinal a Mileidi e por fin se recuperou e volveron a xogar xuntas.

Ana 2ºB

O OGRO E A BRUXA


Un día a bruxa Ramona estaba na súa guarida.
Quería destruir o mundo e empezou atacando unha cidade chamada Artania.
Alí vivía un ogro chamado Ásfor, o que nadie quería.
Ásfor defendeu a cidade de Artania e cunha soa man lanzou a bruxa polos aires.
Dende aquel día Ásfor foi moi querido na cidade de Artania.
Valentín 2ºB