08 xuño 2009

NOTICIAS DENDE A ESCOLA

Este é o xornal que elaboraron os xornalistas da aula de 2º A coa axuda so seu profesor.




Open publication - Free publishing

OS CATRO AMIGOS

Había unha vez un rato e un gato. O gato chamábase Cherin e o gato Garfil.
Eles eran moi amigos e querían xogar con un can que se chamaba Raili, pero o can Raili non quería xogar.
Decidiron chamar a Velocido o cabalo e este propúxolle facer unha carreira e dixeron que si gañaba o cabalo xogaban todos xuntos e si gañaba o can deixábano tranquilo.
Gañou o cabalo e xogaron todos xuntos e desde aquela son uns amigos inseparables.
E colorado, colorín,
este conto de animais,
chega ao seu fin.

Ángel Manuel 2º B

A FLOR BRANCA

Había unha vez unha flor branca que quería ter cor.

Un día unha rapariga encontrouna chorando a mares. A nena preguntoulle que lle pasaba e ela respondeulle que non tiña cor e que a quería ter.

A nena maila flor foron polo monte en busca de cores. Foi entón cando os froitos do bosque se decataron do problema da flor e decidiron axudala.

Coa axuda da nena e dos froitos:mora, fresas, arándanos, mandarinas, limóns... a flor conseguiu as cores do arco da vella.

E COLORÍN, COLORADO ESTE CONTO ESTA ACABADO

Katia, 2º B

O CARACOL SEN CONCHA

Hai moitos anos, había un caracol chamado Caracolín que non tiña concha. Mentres foi pequeno non le importaba e era feliz.
Pero cando se fixo maior non lle gustaba ser diferente aos demais.
Un día a súa nai ch
amada Carocolinda encontrou o caracol chorando e preguntoulle:
- Que che pasa?
E o caracol respondeulle:
- Non quero estar sen concha.
- Non te preocupes, pedirémoslle axuda a Caraberzas, o caracol xefe.
Foron e contáronlle o problema. Despois de moito pensar Caraberzas díxolle que foran ata a seta mais grande do bosque onde vivía o trasno máxico.
Foron alí e contáronlle o problema e o trasno dixo as palabras máxicas:
“Cachatún, Cachatán
que a concha volva xa”
E así foi como Caracolín conseguiu a concha e ahora é moi feliz porque é coma os demais.
E colorín colorado este conto está rematado.

Iago 2º B