12 xuño 2009

O UNICORNIO

Nun pobo chamado Linguindín vivía unha nena chamada Lulú, co seu papá, a súa mamá e a súa irmá maior nunha pastelería. Un día, todo o pobo de Linguindín esta en calma porque están vendo un cisne. Lulú decidiu perseguir ao cisne, non sabía onde ía. O cisne parou e cando ela mirou dixo: -Onde estou? será que estou nun bosque encantado? E de súpeto viu pasar a Raíña do bosque con uns animais. Chegou a noite e Lulú esta soa e apareceu un ser malvado e dixo: -Ola, como te chamas? Lulú non llo quixo dicir e entón el transformouna nun unicornio. Ao día seguinte cando a raíña espertou viu a Lulú transformada en unicornio, pero conseguiu desfacer o feitizo. Como Lulú lle dixo que non quería que aquilo volvera a pasar a Raíña dixo movendo o seu bastón: -“Alcaravín, alcaraván, que desapareza, o señor do mal”. E o ser malvado desapareceu e transformouse nun peixe de cores que levou Lulú para a súa casa como mascota.
E colorín, colorado, este máxico conto está rematado.
Leticia

A ESTRELA FUGAZ

Érase unha vez unha estrela fugaz. Un día rompeulle un anaco dunha das súas puntas e caeu na Terra.

Unha nena que paseaba polo bosque viu unha cousa brillante no chan e agachouse para collela. Levouna para a casa e púxoa enriba da mesiña de noite.

Cando se deitou apagou a luz e o anaco empezou a alumear. Logo o anaco saíu voando cara a venta do cuarto. A nena foi correndo detrás del pero non puido alcanzalo.

O anaco voou ata que atopou a estrela fugaz no ceo.

A noite seguinte a nena mirou para o ceo e recoñeceu a estrela porque brillaba moito mais que as outras.


E colorín, colorado este conto queda estrelado.

Katia

A BRUXA MALA

Érase unha vez unha bruxa mala que se chamaba Tópica. Un día chegou a un pobo e converteu a todos os seus habitantes en ras, menos a un neno que se chamaba Alex. A el non o converteu porque estaba de vacacións e cando volveu ao seu pobo viu que non había ninguén, so había moitas ras. Intentou averiguar o que pasara, ata que nun xornal vello descubriu o que sucedera. Entón foi ao bosque e encontrou unha fada e contoulle o que pasara. A fada foi con Alex ao pobo e alí coa súa variña máxica dixo: - “Chiscaravís, chiscaravás que deixen de ser ras”. Así foi como conseguiu desfacer o feitizo e agora todos son moi felices.
E colorín, colorado, este embruxado conto esta rematsdo.
Nicole

A PRINCESA ROSALINDA

Había unha vez unha princesa chamada Rosalinda que tiña so dúas amigas Jennifer e Clara. Un día Rosalinda tiña que marchar do seu país pero ela non quería e tiña que buscar unha solución e non se lle ocorría nada.

Un día atopouse con un neno chamado Iago e preguntoulle:

-Que che pasa?

E Rosalinda díxolle:

-Teño que marchar deste pais, pero eu non quero.

- Ó mellor pódoche axudar. Primeiro escaparás pola ventá baixando por unha corda e despois ven para a miña casa.

Pola noite cando todos estaban durmindo escapou e foi a xunto do neno. E Iago díxolle:

-Se vou contigo, irás?

-Si pero tamén quero que veñan as miñas dúas amigas Jennifer e Clara.

-Pois si queres que vaian, iremos os catro.

Despois a princesa volveu ao castelo e díxolle aos gardas que quería ir para ese pais tan bonito que era Santa Comba. Os gardas dixéronllo ao seu pai que era o rei. Pola mañá o rei díxolle a súa filla Rosalinda que tivera boa sorte.

Cando Rosalinda marchou e chegou a ese pais cos seus amigos deuse de conta que parecía case coma no seu soño e quixo aproveitar un pouco o tempo.

Rosalinda aprendeu que podes ir a un millón de sitios e que todos serán bonitos.

E colorín, colorete, este conto sae nun foguete.

Ana Mª

O FUTBOLISTA

Había unha vez un neno que quería ser futbolista, pero non sabía xogar moi ben.

Un día pediulle axuda a unha bruxa, pero a bruxa non tiña a poción máxica que necesitaba. A bruxa recordou que tiña un amigo marciano e chamouno. Rapidamente chegou o marciano na súa nave espacial coa poción máxica que traía do seu planeta.

A bruxa díxolle ao neno:

- Toma esta poción máxica sen deixar nin unha soa gota.

O neno bebeuna toda e así foi como chegou a ser o mellor futbolista do mundo.

E grazas a poción, esta historia rematou.

Valentin