26 decembro 2010

TODOS SOMOS DISCAPACITADOS



O venres dia 17 houbo no pabillón do colexio unhas actividades para celebrar o Día da discapacidade.
Os nenos e nenas fomos pasando polas distintas zonas para ver, e algúns participar, nas distintas probas:
  • Xogar ao ping pong,
  • Xogar ao baloncesto,
  • Facer un recorrido cos ollos pechados, coa axuda dun bastón,
  • Carreiras de cegos con guía,
  • Dar un paseo en cadeira de rodas para poder comprender as dificultades coas que se atopan os discapacitados na súa vida cotiá. 


15 decembro 2010

PUBLICAMOS UN LIBRO

Os nenos e nenas de 2º B, como somos uns larpeiros, decimos intercambiarnos as receitas das nosas comidas preferidas. Como nos gustaron tanto, decidimos facer un libro,  para que todo o mundo as poida preparar.

30 novembro 2010

SEMANA INTERCULTURAL

Outras culturas on PhotoPeach

 O venres pasado os nenos e nenas de 1º ciclo fomos á clase de plástica para asistir as actividades da semana intercultural. Alí había tres profesoras: Merche falounos da cultura xitana, Elena da cultura sudamericana e Vanesa da cultura celta.
Con Vanesa pintamos nun plato de barro un símbolo celta, con Merche pintamos tres liñas na man, a da cabeza, a do corazón e a da vida. E con El
ena probamos unha bebida que se chamaba mate e un doce de leite que estaba moi rico. Aos nenos e nenas de 2º gustounos moito a cultura celta, porque xa sabiamos moitas cousas do curso pasado.

Carla e Zaira, 2º B


Para ver máis fotos temos que visitar o blog de Contadora de Soños. Ali tamén veremos unha entrevista aos compañeiros doutras culturas.

22 novembro 2010

FADA DE MERMELADA

Que doce é este conto que fixeron os nenos e nenas de 2º B na clase de Contadora de Soños. Tedes que lelo todos porque é unha historia moi bonita.

16 novembro 2010

A BRUXA DAS ESTRELAS

Este conto tan chulo foi elaborado polos nenos e nenas de 2º A. Recoméndovos a todos que o leades porque é moi bonito. Ademáis ides a entender porque o ceo de Santa Comba ten tantas estrelas.

05 xullo 2010

FELIZ VERÁN



Con este maravilloso sol que foi feito na clase de plástica quero desexarvos un feliz verán a todos.

ATA SETEMBRO!

01 xuño 2010

AJDAR

Ós nenos/as de 1º A gústanos moito ler e máis ainda que nos lean e conten historias.
Un libro que nos encantou foi o de AJDAR de Marjane Satrapi.
Diredes vós, menudo nome máis raro!, pero veredes como vós gusta a historia...



26 maio 2010

LECTURAS



Cantos libros leron os nenos de 1º B!!
Alégrome moito de que vos guste tanto a lectura.
Espero que visitedes moito a biblioteca, que esta chea de personaxes e historias novas que tedes q
ue descubrir.
Parabéns polos vosos debuxos.

Un saúdo agarimoso do voso amigo

Bibliorrato

19 maio 2010

PREPARANDO A EXCURSIÓN

Os nenos e nenas de 2º B buscaron información sobre os lugares e os monumentos que imos visitar na saída do vindeiro día 26 de maio.
O resultado foi este traballo que fixeron entre todos.




13 maio 2010

OS VOLCÁNS

Os nenos de 2º A estiveron buscando información sobre os volcáns e como resultado da súa investigación elaboraron este traballo coa axuda da súa profesora.

23 marzo 2010

CADROS

Que bonitos quedaron os cadros que fixemos na clase de plástica!!

Pica nas fotos para poder velas mellor



08 febreiro 2010

JUNIE B. JONES


Recomendo este libro que é moi divertido.

Esta protagonista é moi traviesa.
Maitena. 1ºB