30 novembro 2010

SEMANA INTERCULTURAL

Outras culturas on PhotoPeach

 O venres pasado os nenos e nenas de 1º ciclo fomos á clase de plástica para asistir as actividades da semana intercultural. Alí había tres profesoras: Merche falounos da cultura xitana, Elena da cultura sudamericana e Vanesa da cultura celta.
Con Vanesa pintamos nun plato de barro un símbolo celta, con Merche pintamos tres liñas na man, a da cabeza, a do corazón e a da vida. E con El
ena probamos unha bebida que se chamaba mate e un doce de leite que estaba moi rico. Aos nenos e nenas de 2º gustounos moito a cultura celta, porque xa sabiamos moitas cousas do curso pasado.

Carla e Zaira, 2º B


Para ver máis fotos temos que visitar o blog de Contadora de Soños. Ali tamén veremos unha entrevista aos compañeiros doutras culturas.

22 novembro 2010

FADA DE MERMELADA

Que doce é este conto que fixeron os nenos e nenas de 2º B na clase de Contadora de Soños. Tedes que lelo todos porque é unha historia moi bonita.

16 novembro 2010

A BRUXA DAS ESTRELAS

Este conto tan chulo foi elaborado polos nenos e nenas de 2º A. Recoméndovos a todos que o leades porque é moi bonito. Ademáis ides a entender porque o ceo de Santa Comba ten tantas estrelas.