26 decembro 2010

TODOS SOMOS DISCAPACITADOS



O venres dia 17 houbo no pabillón do colexio unhas actividades para celebrar o Día da discapacidade.
Os nenos e nenas fomos pasando polas distintas zonas para ver, e algúns participar, nas distintas probas:
  • Xogar ao ping pong,
  • Xogar ao baloncesto,
  • Facer un recorrido cos ollos pechados, coa axuda dun bastón,
  • Carreiras de cegos con guía,
  • Dar un paseo en cadeira de rodas para poder comprender as dificultades coas que se atopan os discapacitados na súa vida cotiá. 


15 decembro 2010

PUBLICAMOS UN LIBRO

Os nenos e nenas de 2º B, como somos uns larpeiros, decimos intercambiarnos as receitas das nosas comidas preferidas. Como nos gustaron tanto, decidimos facer un libro,  para que todo o mundo as poida preparar.