30 novembro 2010

SEMANA INTERCULTURAL

Outras culturas on PhotoPeach

 O venres pasado os nenos e nenas de 1º ciclo fomos á clase de plástica para asistir as actividades da semana intercultural. Alí había tres profesoras: Merche falounos da cultura xitana, Elena da cultura sudamericana e Vanesa da cultura celta.
Con Vanesa pintamos nun plato de barro un símbolo celta, con Merche pintamos tres liñas na man, a da cabeza, a do corazón e a da vida. E con El
ena probamos unha bebida que se chamaba mate e un doce de leite que estaba moi rico. Aos nenos e nenas de 2º gustounos moito a cultura celta, porque xa sabiamos moitas cousas do curso pasado.

Carla e Zaira, 2º B


Para ver máis fotos temos que visitar o blog de Contadora de Soños. Ali tamén veremos unha entrevista aos compañeiros doutras culturas.