26 decembro 2010

TODOS SOMOS DISCAPACITADOS



O venres dia 17 houbo no pabillón do colexio unhas actividades para celebrar o Día da discapacidade.
Os nenos e nenas fomos pasando polas distintas zonas para ver, e algúns participar, nas distintas probas:
  • Xogar ao ping pong,
  • Xogar ao baloncesto,
  • Facer un recorrido cos ollos pechados, coa axuda dun bastón,
  • Carreiras de cegos con guía,
  • Dar un paseo en cadeira de rodas para poder comprender as dificultades coas que se atopan os discapacitados na súa vida cotiá.