29 abril 2011

NOVAS AVENTURAS DA BRUXA MON

Despois de ler o interesante libro de Pilar Mateos,  "La bruja Mon" os nenos e nenas de 2º B decidimos facer as  ilustracións do conto.




Tamén se nos ocurreu que podiamos inventar unhas novas aventuras para esta bruxa tan especial. 
Aqui podedes ver algunhas das que sairon.

¡QUE MÁS QUISIERAS!

Recomendo este libro porque está moi ben. Trátase dun crocodilo que sempre dicía que non tiña con quen xogar. E cando os animais iban a xogar 
 con él, abría a boca e intentaba comelos. Un día pasou un elefantiño, e ...  se queredes saber máis tedes que ir a biblioteca de Santa Comba, buscar o libro e lelo.
Noelia 2º B

27 abril 2011

FÁBULAS DE ÉSOPO

Recomendo o libro "El león y el ratón y otras fábulas de Esopo".  A min a historia que máis me gustou foi "La tortuga y el águila". A tortuga quería voar e unha águia agarrouna pola concha e voou... 

Pero se queredes saber como remata a historia  tedes que buscar o libro na biblioteca do cole.
Lorena 2º B

26 abril 2011

CARAMBELIÑA POLAR

Caramboliña polar era unha folerpa de neve. Un día Caramboliña foi a facerlle unha visita ao seu avó que vivía no outro lado da montaña. O seu avo tíñalle unha sorpresa: unha carta das súas irmáns Pingoletiña e Gasosa!
Cando liu a carta emprendeu unha longa viaxe para buscalas e cando as atopou foron moi felices xogando, correndo e facendo moitas cousas máis.

Zaira 2º B

13 abril 2011

PINGA DE CHOIVA


Nesta presentación podemos ver como os nenos de 2º B ilustraron o conto "Pinga de choiva" de Ánxela Gracián na clase de Contadora de Soños despois de desfrutar da lectura desta historia tan bonita, na que o dragón Arco da Vella se namorou dunha pinga de choiva.

12 abril 2011

COLORES QUE SE AMAN

Camilly e mais eu recomendamos este libro porque nos pareceu moi bonito. 
Tratase de un neno que pensa que é de dúas cores  porque os seus pais teñen cores diferentes. Se o queredes entender mellor, buscade este libro na biblioteca, e veredes que bonito é.

Camilly e Sara

11 abril 2011

OS POETAS DE 2º A

Os nenos e nenas de 2º A traballaron coa Contadora de Soños a poesía.  
Estas que vedes aquí, son algunhas das que  fixeron. 
Verdade que o fan moi ben?
Agora espero que todos nos animemos a continuar traballando a poesía.

10 abril 2011

Recomendo este libro porque é dun castor que pensa que nadie quere xogar con el.  Sempre quere xogar en sitios aos que non poden ir os animais que invita.
Se queres saber como remata esta triste historia terás que ler o libro.

Javier 2º B

El club de las princesas

Da colección "El club de las princesas", recoméndovos: LA PRINCESA DAISY y el dragón deslumbrante
Trátase dunha princesa que lle ten medo aos dragóns. Un día viu a un rei cun dragón e ela tíñalle moito medo.
Deixará de ter medo aos dragóns?
Se queres averigualo busca este libro na biblioteca.


Maitena 2º B

¡AY, NO !

Recomendo este libro porque me gustou moito. Se queres descubrir de que vai o conto, tes que ir a biblioteca e buscalo.

05 abril 2011

AS PLANTAS

Os nenos e nenas de 2º aprendemos en clase moitas cousas sobre as plantas. Para que non se nos olviden fixemos esta presentación tan chula. Algúns debuxos son feitos por nós e outros buscámolos en internet.