22 novembro 2011

QUE GUAPOS!!!


Que sorpresa me levei cando pasei por Contadora de soños!! Non sabía eu que erades tan bos bailaríns..., e, que guapos estades coas gafas de sol. Tamén me encantaron os debuxos. Sodes uns grandes artistas.

21 novembro 2011

Comic da castaña

Que ben saíron os cómics!!! Aquí podedes ver algúns dos vosos debuxos.
Aínda faltan algúns que poñerei tan pronto como mos entreguedes. Ánimo e, a rematalos!




10 novembro 2011

Marcapáxinas monstruoso

Mirade que marcapáxinas máis chulo e monstruoso atopei en "El lapicero mágico".





Na clase de plástica farémolos, para despois usalos na hora de ler todos os días. Quedarán moi divertidos na esquina da folla dos libros.

09 novembro 2011

SAMAIN 2011

Que bonitas quedaron as cabazas que decoraron os nenos e nenas de 3º!!!