19 decembro 2012

A BRUXA CASCARUJA

Nesta semana outro conto anda viaxando polo colexio na hora de ler : "A bruxa  Casacaruja" de  Dolores Espinosa
Os nenos e nenas de 2º A foron os encargados de ilustrar o conto e os lectores son nenos de 4ºB. 
Agora vexamos o video montado por Contadora de Soños. Noraboa a todos os participaron neste proxecto.

18 decembro 2012

UNHA NOVA LECTURA PARA CLASE

Hoxe comezamos a ler o libro "Mago por casualidad". Xa coñecemos a Ratón e a Calderaus, que son dous dos protagonista da historia,  que parece que vai a ser moi divertida.
Na imaxe aparece Laura Gallegoa autora do libro.

14 decembro 2012

UN BELÉN MÁXICO

Este ano no Barrié temos  un Belén cheo de maxia.

Na elaboración deste Belén participaron os nenos e nenas de 4º e de 6º baixo  a tutela de Contadora de Soños.




Quedou precioso!!! 

13 decembro 2012

O DRAGÓN AGAMENÓN

Dende a biblioteca sae un conto máxico que na hora de ler vai aterrando en diferentes aulas do cole. Os alumnos de 2º B  foron os encargados de ilustrar o conto de Dolores Espinosa titulado "O dragón Agamenón" e os lectores son os alumnos de 4º A.
Neste video montado por Contadora de Soños podemos desfrutar todos do conto.
Noraboa a todos os participantes.

30 novembro 2012

O TESOURO DO DRAGÓN

Que ben o pasamos na clase lendo este libro de Rafael Ordoñez Cuadrado. 
Como é unha obra de teatro, foi moi divertido lelo entre todos e representar cada un o seu personaxe. 


El tesoro del dragón 1 from Jesus Mari Arce on Vimeo.


El tesoro del dragón 2 from Jesus Mari Arce on Vimeo.
Representación teatral de la obra de teatro, El Tesoro del Dragón, por parte de los chicos y chicas de 4B, clase de Noé Sanz. CEIP Campo de Borja, mayo de 2011.

26 novembro 2012

OUTRO MAMÍFERO

Clara de 4º A buscou información sobre outro animal mamífero: o  rato marsupial. Tamén utilizou o libro de Geo Natura "Animales de Australia y sus islas"



22 novembro 2012

UN MAMÍFERO

Xulio de 4º A elaborou unha ficha sobre o demo de Tasmania. 
Buscou a información no libro "Animales de Australia y sus islas" da colección  Geo Natura.
Se picas na imaxe verás o seu traballo.






21 novembro 2012

O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA





Este libro, "O misterio dos fillos de Lúa"  lémolo todos os nenos e nenas da clase de 4ºA. A súa autora é Fina Casalderrey.

Argumento:
Lúa era unha gatiña e alguén lle levara os seus filliños. David e Branca, a súa noiva, fixeron de detectives para descubrir o misterio. Eles, pensaban que fora o señor Indalecio, que era un home que tiña moi malas pulgas. A avoa de David dicía que o pai os enterrara na horta...
Pero..., se queredes saber que pasou realmente cos fillos de Lúa, non tedes máis remedio que ler o libro.  

Os alumnos de 4º A opinan.

Miriam Blanco:
O que máis me gustou foi que David pensara que tiña que facer moitos pecados, para dicirllos ao cura cando se fose a confesar para facer a Primeira Comuñón.

Nando:
O que me fixo mais gracia foi que David , ao desaparecer Raquel e a profe, pensara que as comeran os piollos. 

Clara:
Para min o mellor foi que o lemos todos xuntos na clase, e pasámolo moi ben. Houbo  distintas opinións a algún gustoulle e a outros non.

Laura:
Gustoume moito porque o neno  David pareceume algo bobo e a sua noiva Branca era moi lista.




03 xuño 2012

A RECICLAXE

Na clase vimos o video titulado : "A lata, o río e o aire" e partir de aí pensamos que era moi importante manter limpo o noso planeta.
Despois de buscar información decidimos elaborar este Power Point con axuda da profe para que todos poidamos aprender a reciclar ben o lixo que producimos e imtentar manter ben limpa a nosa localidade.
Para rematar escoitemos de novo esta canción tan marchosa sobre a "regra dos tres erres" que tanto nos gustou a todos.

01 xuño 2012

UN DÍA DE CACA E VACA

Xulio Feás da clase de 3ª A  liu o libro titulado "Un día de caca e vaca" de Fina Casalderrey, Editorial Baía.
O que máis lle gustou deste libro son as cousas que pasan na viaxe da excursión.

Tamén fixo este debuxo tan chulo do seu protagonista que se chama Alex e que pronto vai ter un irmán.





27 maio 2012

A BRUXA BRUNILDA.

Son Hugo Grille de 3º A e recoméndovos este libro porque está moi chulo. Vai dunha bruxa chamada Brunilda que é  moi graciosa e sempre vive moitas aventuras divertidas. Son varios libros na colección e eu xa lin catro. 

Animádevos a lelos!!!

09 abril 2012

Clara de 3º A recomenda "La Jirafa, el Pelícano y el Mono"  do autor Roald Dahl.

Os protagonistas son tres animais que deciden montar unha "Compañía de Limpia Ventanas Desescalerados"
Os tres animais e un neno vivirán unhas aventuras extraordinarias e divertidas.


É moi chulo!!!!  Lédeo.... pasarédelo xenial!!!!

21 marzo 2012

IV SEMANA DA POESÍA

Este é o vídeo das actividades realizadas co motivo da IV Semana da Poesía. Nesta ocasión adicouse aos poetas en galego que adicaron algun dos seus poemas para fomentar a paz e a xustiza social. 
Recóllese tamén unha mostra dos resultados do taller de poesía realizado no centro, no que se elaboraron fermosos acrósticos  a partir de palabras relacionadas coa paz e que están cheos de boas intencións. 
Tamén escoitamos a música de Beethoven, que ensaiaron os nenos e nenas do cole, con moito entusiasmo, na clase de Inma. 
FOI UN ÉXITO TOTAL!!!

Noraboa a todos os organizadores e participantes!!!!

12 marzo 2012

Bajo mi cama una estrella

Tania de 3º A recomenda  a todos o libro titulado "Bajo mi cama, una estrella". O seu autor é Pablo Albo e é da editorial Oxford.

O protagonista é un neno chamado Miguel. Ten que axudar a Lúa a atopar unha estrela que caeu no seu cuarto. Pero ten que ser esa mesma noite e na escuridade da habitación atopará... un montón de MONSTRUOS!!!! 
Será Miguel capaz de superar o medo e atopar a estrela?
Animádevos a lelo, está moi ben.

07 marzo 2012

PABLO DIABLO

Noelia  de 3ºA, recoméndanos este libro: "Pablo diablo y el Ratón Pérez" de Francesca Simón de la Editorial SM.
Pablo Diablo está moi enfadado porque a todos os nenos lle caen dentes, incluso ao seu irmán máis pequeno, pero a él non lle cae ningún.
E, cando por fin lle cae o dente, ten tan mala sorte que...

Animádevos a lelo, é moi divertido!!!!


01 marzo 2012

ILUSTRADORES DE 3º

Así é como os nenos e nenas de 3º A fixemos as ilustracións do libro " O raio Veloz" .
Esperemos que o ilustrador Federico Delicado non se enfade por copiarlle os seus marabillosos debuxos.




23 febreiro 2012

O RAIO VELOZ


Hoxe mesmo rematamos de ler na clase o libro de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ titulado O RAIO VELOZ.


Disfrutamos moito coa lectura, encantounos a historia do protagonista, que se chama Adrián,  e sobre todo o final, que foi moi emocionante.

Adrián é un tipo xenial!!

 Alumnos de 3º A  

Aquí podemos escoitar a música que lle gusta a Adrián

Blue Gardenia - Dinah Washington