21 marzo 2012

IV SEMANA DA POESÍA

Este é o vídeo das actividades realizadas co motivo da IV Semana da Poesía. Nesta ocasión adicouse aos poetas en galego que adicaron algun dos seus poemas para fomentar a paz e a xustiza social. 
Recóllese tamén unha mostra dos resultados do taller de poesía realizado no centro, no que se elaboraron fermosos acrósticos  a partir de palabras relacionadas coa paz e que están cheos de boas intencións. 
Tamén escoitamos a música de Beethoven, que ensaiaron os nenos e nenas do cole, con moito entusiasmo, na clase de Inma. 
FOI UN ÉXITO TOTAL!!!

Noraboa a todos os organizadores e participantes!!!!

12 marzo 2012

Bajo mi cama una estrella

Tania de 3º A recomenda  a todos o libro titulado "Bajo mi cama, una estrella". O seu autor é Pablo Albo e é da editorial Oxford.

O protagonista é un neno chamado Miguel. Ten que axudar a Lúa a atopar unha estrela que caeu no seu cuarto. Pero ten que ser esa mesma noite e na escuridade da habitación atopará... un montón de MONSTRUOS!!!! 
Será Miguel capaz de superar o medo e atopar a estrela?
Animádevos a lelo, está moi ben.

07 marzo 2012

PABLO DIABLO

Noelia  de 3ºA, recoméndanos este libro: "Pablo diablo y el Ratón Pérez" de Francesca Simón de la Editorial SM.
Pablo Diablo está moi enfadado porque a todos os nenos lle caen dentes, incluso ao seu irmán máis pequeno, pero a él non lle cae ningún.
E, cando por fin lle cae o dente, ten tan mala sorte que...

Animádevos a lelo, é moi divertido!!!!


01 marzo 2012

ILUSTRADORES DE 3º

Así é como os nenos e nenas de 3º A fixemos as ilustracións do libro " O raio Veloz" .
Esperemos que o ilustrador Federico Delicado non se enfade por copiarlle os seus marabillosos debuxos.