03 xuño 2012

A RECICLAXE

Na clase vimos o video titulado : "A lata, o río e o aire" e partir de aí pensamos que era moi importante manter limpo o noso planeta.
Despois de buscar información decidimos elaborar este Power Point con axuda da profe para que todos poidamos aprender a reciclar ben o lixo que producimos e imtentar manter ben limpa a nosa localidade.
Para rematar escoitemos de novo esta canción tan marchosa sobre a "regra dos tres erres" que tanto nos gustou a todos.

01 xuño 2012

UN DÍA DE CACA E VACA

Xulio Feás da clase de 3ª A  liu o libro titulado "Un día de caca e vaca" de Fina Casalderrey, Editorial Baía.
O que máis lle gustou deste libro son as cousas que pasan na viaxe da excursión.

Tamén fixo este debuxo tan chulo do seu protagonista que se chama Alex e que pronto vai ter un irmán.