30 novembro 2012

O TESOURO DO DRAGÓN

Que ben o pasamos na clase lendo este libro de Rafael Ordoñez Cuadrado. 
Como é unha obra de teatro, foi moi divertido lelo entre todos e representar cada un o seu personaxe. 


El tesoro del dragón 1 from Jesus Mari Arce on Vimeo.


El tesoro del dragón 2 from Jesus Mari Arce on Vimeo.
Representación teatral de la obra de teatro, El Tesoro del Dragón, por parte de los chicos y chicas de 4B, clase de Noé Sanz. CEIP Campo de Borja, mayo de 2011.

26 novembro 2012

OUTRO MAMÍFERO

Clara de 4º A buscou información sobre outro animal mamífero: o  rato marsupial. Tamén utilizou o libro de Geo Natura "Animales de Australia y sus islas"



22 novembro 2012

UN MAMÍFERO

Xulio de 4º A elaborou unha ficha sobre o demo de Tasmania. 
Buscou a información no libro "Animales de Australia y sus islas" da colección  Geo Natura.
Se picas na imaxe verás o seu traballo.






21 novembro 2012

O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA





Este libro, "O misterio dos fillos de Lúa"  lémolo todos os nenos e nenas da clase de 4ºA. A súa autora é Fina Casalderrey.

Argumento:
Lúa era unha gatiña e alguén lle levara os seus filliños. David e Branca, a súa noiva, fixeron de detectives para descubrir o misterio. Eles, pensaban que fora o señor Indalecio, que era un home que tiña moi malas pulgas. A avoa de David dicía que o pai os enterrara na horta...
Pero..., se queredes saber que pasou realmente cos fillos de Lúa, non tedes máis remedio que ler o libro.  

Os alumnos de 4º A opinan.

Miriam Blanco:
O que máis me gustou foi que David pensara que tiña que facer moitos pecados, para dicirllos ao cura cando se fose a confesar para facer a Primeira Comuñón.

Nando:
O que me fixo mais gracia foi que David , ao desaparecer Raquel e a profe, pensara que as comeran os piollos. 

Clara:
Para min o mellor foi que o lemos todos xuntos na clase, e pasámolo moi ben. Houbo  distintas opinións a algún gustoulle e a outros non.

Laura:
Gustoume moito porque o neno  David pareceume algo bobo e a sua noiva Branca era moi lista.