19 decembro 2012

A BRUXA CASCARUJA

Nesta semana outro conto anda viaxando polo colexio na hora de ler : "A bruxa  Casacaruja" de  Dolores Espinosa
Os nenos e nenas de 2º A foron os encargados de ilustrar o conto e os lectores son nenos de 4ºB. 
Agora vexamos o video montado por Contadora de Soños. Noraboa a todos os participaron neste proxecto.

18 decembro 2012

UNHA NOVA LECTURA PARA CLASE

Hoxe comezamos a ler o libro "Mago por casualidad". Xa coñecemos a Ratón e a Calderaus, que son dous dos protagonista da historia,  que parece que vai a ser moi divertida.
Na imaxe aparece Laura Gallegoa autora do libro.

14 decembro 2012

UN BELÉN MÁXICO

Este ano no Barrié temos  un Belén cheo de maxia.

Na elaboración deste Belén participaron os nenos e nenas de 4º e de 6º baixo  a tutela de Contadora de Soños.




Quedou precioso!!! 

13 decembro 2012

O DRAGÓN AGAMENÓN

Dende a biblioteca sae un conto máxico que na hora de ler vai aterrando en diferentes aulas do cole. Os alumnos de 2º B  foron os encargados de ilustrar o conto de Dolores Espinosa titulado "O dragón Agamenón" e os lectores son os alumnos de 4º A.
Neste video montado por Contadora de Soños podemos desfrutar todos do conto.
Noraboa a todos os participantes.