13 decembro 2012

O DRAGÓN AGAMENÓN

Dende a biblioteca sae un conto máxico que na hora de ler vai aterrando en diferentes aulas do cole. Os alumnos de 2º B  foron os encargados de ilustrar o conto de Dolores Espinosa titulado "O dragón Agamenón" e os lectores son os alumnos de 4º A.
Neste video montado por Contadora de Soños podemos desfrutar todos do conto.
Noraboa a todos os participantes.