
Érase unha vez unha nena que se chamaba Clara que vivía no bosque.
Clara tiña unha gatiña que se chamaba Mileidi e con ela xogaba todo o día, acariñábaa, xogaban coa la ou cunha pelota...
Un día Mileidi enfermou e Clara asustouse. Cando quería xogar con ela, Mileidi non quería e permanecía deitada na súa cama.
A mamá de Clara atopou unha flor medicinal no bosque. Clara deulle a flor medicinal a Mileidi e por fin se recuperou e volveron a xogar xuntas.
Ana 2ºB