O venres dia 17 houbo no pabillón do colexio unhas actividades para celebrar o Día da discapacidade.
Os nenos e nenas fomos pasando polas distintas zonas para ver, e algúns participar, nas distintas probas:
- Xogar ao ping pong,
- Xogar ao baloncesto,
- Facer un recorrido cos ollos pechados, coa axuda dun bastón,
- Carreiras de cegos con guía,
- Dar un paseo en cadeira de rodas para poder comprender as dificultades coas que se atopan os discapacitados na súa vida cotiá.