OS NOSOS TRABALLOS
Segundo ciclo de pimaria. CEIP Barrie de la Maza Santa Comba
02 marzo 2011
LOS MÚSICOS DE BREMEN
Este libro é moi bonito. Os protagonistas son un burro, un can, un gato e un galo.
Na hora de ler fun á clase dos nenos de infantil para lerllo e gustoulles moito.
Uxia 2º B
COSITA LINDA
Eu recomendo este libro porque é un pouco de risa e porque trata dunha bonita amizade entre un gorila e un gatiño.
Anxo 2º B
¡CATAPLOF!
Recomendo este libro porque me gustou moito e porque é moi divertido.
Fala dunha señora que come moitos pasteles e engorda moito e a silla cada vez que come un pastel tiraa ao chan.
Recoméndovos que o leades.
Paula 2ºB
UNA PROMESA
Eu recomendo este libro porque é moi divertido. Trata de dúas ninfas amigas que son inseparables, unha chámase Bea e outra Becky.
Queren coñecer o mundo, pero Bea cando sube non pode ver nada porque está acostumada a auga e despois...
Sara 2º B
Publicacións máis recentes
Publicacións máis antigas
Inicio
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)