Nesta semana outro conto anda viaxando polo colexio na hora de ler : "A bruxa Casacaruja" de Dolores Espinosa. Os nenos e nenas de 2º A foron os encargados de ilustrar o conto e os lectores son nenos de 4ºB. Agora vexamos o video montado por Contadora de Soños. Noraboa a todos os participaron neste proxecto.
Hoxe comezamos a ler o libro "Mago por casualidad". Xa coñecemos a Ratón e a Calderaus, que son dous dos protagonista da historia, que parece que vai a ser moi divertida. Na imaxe aparece Laura Gallego, a autora do libro.
Dende a biblioteca sae un conto máxico que na hora de ler vai aterrando en diferentes aulas do cole. Os alumnos de 2º B foron os encargados de ilustrar o conto de Dolores Espinosa titulado "O dragón Agamenón" e os lectores son os alumnos de 4º A.
Neste video montado por Contadora de Soños podemos desfrutar todos do conto.
Que ben o pasamos na clase lendo este libro de Rafael Ordoñez Cuadrado. Como é unha obra de teatro, foi moi divertido lelo entre todos e representar cada un o seu personaxe.
El tesoro del dragón 2 from Jesus Mari Arce on Vimeo. Representación teatral de la obra de teatro, El Tesoro del Dragón, por parte de los chicos y chicas de 4B, clase de Noé Sanz. CEIP Campo de Borja, mayo de 2011.
Clara de 4º A buscou información sobre outro animal mamífero: o rato marsupial. Tamén utilizou o libro de Geo Natura "Animales de Australia y sus islas"
Este libro, "O misterio dos fillos de Lúa" lémolo todos os nenos e nenas da clase de 4ºA. A súa autora é Fina Casalderrey. Argumento: Lúa era unha gatiña e alguén lle levara os seus filliños. David e Branca, a súa noiva, fixeron de detectives para descubrir o misterio. Eles, pensaban que fora o señor Indalecio, que era un home que tiña moi malas pulgas. A avoa de David dicía que o pai os enterrara na horta... Pero..., se queredes saber que pasou realmente cos fillos de Lúa, non tedes máis remedio que ler o libro. Os alumnos de 4º A opinan. Miriam Blanco: O que máis me gustou foi que David pensara que tiña que facer moitos pecados, para dicirllos ao cura cando se fose a confesar para facer a Primeira Comuñón. Nando: O que me fixo mais gracia foi que David , ao desaparecer Raquel e a profe, pensara que as comeran os piollos. Clara: Para min o mellor foi que o lemos todos xuntos na clase, e pasámolo moi ben. Houbo distintas opinións a algún gustoulle e a outros non. Laura: Gustoume moito porque o neno David pareceume algo bobo e a sua noiva Branca era moi lista.
Na clase vimos o video titulado : "A lata, o río e o aire" e partir de aí pensamos que era moi importante manter limpo o noso planeta.
Despois de buscar información decidimos elaborar este Power Point con axuda da profe para que todos poidamos aprender a reciclar ben o lixo que producimos e imtentar manter ben limpa a nosa localidade.
Para rematar escoitemos de novo esta canción tan marchosa sobre a "regra dos tres erres" que tanto nos gustou a todos.
Son Hugo Grille de 3º A e recoméndovos este libro porque está moi chulo. Vai dunha bruxa chamada Brunilda que é moi graciosa e sempre vive moitas aventuras divertidas. Son varios libros na colección e eu xa lin catro.
Animádevos a lelos!!!
09 abril 2012
Clara de 3º A recomenda "La Jirafa, el Pelícano y el Mono" do autor Roald Dahl.
Os protagonistas son tres animais que deciden montar unha "Compañía de Limpia Ventanas Desescalerados" Os tres animais e un neno vivirán unhas aventuras extraordinarias e divertidas.
Este é o vídeo das actividades realizadas co motivo da IV
Semana da Poesía. Nesta ocasión adicouse aos poetas en galego que
adicaron algun dos seus poemas para fomentar a paz e a xustiza social.
Recóllese tamén unha mostra dos resultados do taller de poesía realizado
no centro, no que se elaboraron fermosos acrósticos a partir de palabras relacionadas coa paz e que están cheos de boas
intencións.
Tamén escoitamos a música de Beethoven, que ensaiaron os nenos e nenas do cole, con moito entusiasmo, na clase de Inma.
FOI UN ÉXITO TOTAL!!!
Noraboa a todos os organizadores e participantes!!!!
Tania de 3º A recomenda a todos o libro titulado "Bajo mi cama, una estrella". O seu autor é Pablo Albo e é da editorial Oxford.
O protagonista é un neno chamado Miguel. Ten que axudar a Lúa a atopar unha estrela que caeu no seu cuarto. Pero ten que ser esa mesma noite e na escuridade da habitación atopará... un montón de MONSTRUOS!!!!
Será Miguel capaz de superar o medo e atopar a estrela?
Noelia de 3ºA, recoméndanos este libro: "Pablo diablo y el Ratón Pérez" de Francesca Simón de la Editorial SM. Pablo Diablo está moi enfadado porque a todos os nenos lle caen dentes, incluso ao seu irmán máis pequeno, pero a él non lle cae ningún. E, cando por fin lle cae o dente, ten tan mala sorte que... Animádevos a lelo, é moi divertido!!!!