Este libro, "O misterio dos fillos de Lúa" lémolo todos os nenos e nenas da clase de 4ºA. A súa autora é Fina Casalderrey.
Argumento:
Lúa era unha gatiña e alguén lle levara os seus filliños. David e Branca, a súa noiva, fixeron de detectives para descubrir o misterio. Eles, pensaban que fora o señor Indalecio, que era un home que tiña moi malas pulgas. A avoa de David dicía que o pai os enterrara na horta...
Pero..., se queredes saber que pasou realmente cos fillos de Lúa, non tedes máis remedio que ler o libro.
Os alumnos de 4º A opinan.
Miriam Blanco:
O que máis me gustou foi que David pensara que tiña que facer moitos pecados, para dicirllos ao cura cando se fose a confesar para facer a Primeira Comuñón.
Nando:
O que me fixo mais gracia foi que David , ao desaparecer Raquel e a profe, pensara que as comeran os piollos.
Clara:
Para min o mellor foi que o lemos todos xuntos na clase, e pasámolo moi ben. Houbo distintas opinións a algún gustoulle e a outros non.
Laura:
Gustoume moito porque o neno David pareceume algo bobo e a sua noiva Branca era moi lista.